Contos de Meigas

 

Encántame Hellboy. Por ser un demo vermello sen cornos, lacónico e bastante retranqueiro. que se dedica a darse de tortas con pantasmas, demos, trasnos e outras lendias do folcklore de diversas partes do mundo. Polo debuxo e os guións de Mike Mignola, e sobre todo, polo ben documentadas que están todas as historias, habitualmente moi fieis ós contos nos que Mignola se inspira.
Hai cousa de un ano, comecei a pensar que era unha magoa que Hellboy nunca se topara con Mouras, Lobos da xente ou a Compaña, a pesar de ter visitado o noso país así que se me antollou interesante escribir un Hellboy vs o Lobishome.
E así llo dixen a David Bibián, como quén non quere a cousa un día de churrascada. Mostrouse entusiasmado e axiña se ofreceu a dibuxalo.
Entre responsabilidades e procastinacións varias pasoume o tempo, pero a idea seguía aí, cambiando un pouco e completándose; así xurdiu Alís Neira, primeiro como unha aliada do país de Hellboy e a medida que pasaba o tempo ocorréuseme que se algún día queriamos ensinar a nosa obra, o uso dun personaxe rexistrado podería dar algún que outro problema. Cada día semella máis que Alís se enfrontara soa ó Lobo da Xente.
Conforme me interesei máis en Alís foise debuxando cada vez dun xeito máis claro. Alís é unha meiga que ten o Libro de Ler e Desler – o , Ciprianillo, o libro de San Cibrán, quén foi meigo antes que santo – e como tal adicaríase á resolución de encantos e desfacer males de ollo. Alís dame pé a contar historias como as de Mignola, pero inspiradas no folklore galego.
Así, hai cousa dun mes, entre exame e exame, despois dunha bronca de Hjerbert Bonn (ponte a escribir iso xa, tes tódalas claves na cabeza, deixa de comerte o tarro etc.) escribin unha primeira historia de Alís; Alís Neira contra o Escéptico. E alguns días despois, bebendo unhas Judas e xogando ó Guitar Hero con Bibián, pregunteille  se seguía interesado na parte gráfica. A resposta foi afirmativa e hai un par de días envioume os primeiros bosquexos da nosa protagonista cos que quedei moi contento.

Agora estou traballando no guión de Contra o Escéptico, con bastantes ganas. Xa vos irei contando.

Anonymous

Dende o 15 de maio do 2011 – que así ó tonto vai case un ano – rara é a semana que non me chega un correo ou un evento de facebook no que me invitan a participar nunha actividade colectiva organizada por Anonymous.
A retorica de Anonymous acabou por aborrecerme, a figura de V for Vendetta produceme escalofríos cada vez que a vexo. Coñezo a existencia de Anonymous dende 2006 cando eran un grupo de hackers aburridos – hackers on steroids, Internet hate machine, que dicían na Fox en 2007 – con base en 4chan un dos buracos máis profundos e escuros da internete de onte e de hoxe. Anonymous defendía algunhas causas de xeito festivo e sobre todo gastaba bromas de mal gusto e trolleaban a internete. Por aquel entón é cando se formou toda a parafernalia que se emprega agora.
Sempre é o mesmo, a consigna de United we stand repetida de tódalas formas posibles mézclase sen orde nen concerto con unha exposición dos feitos contra os que protestan e o plan de acción. A arenga ven adobada con frases que sonan a pintada de muro feita por un punky adolescente – “Es facil, tenemos el poder, solo que no nos damos cuenta” et cetera – e os tradicionais lemas We are Anonymous. We are Legion. We do not forgive. We do not forget. Expect us.
Ó que iba, solto todo este rollo para comentar unha desas pequenas ironias da vida. Se un retrato dun revolucionario – a foto do Che tirada por Korda – deviu en obxeto de consumo masivo dentro do sistema capitalista. Con Anonymous un obxeto de consumo masivo – a máscara de Guy Fawkes, merchandising da película – deviu en icona revolucionaria. Aqueles que protestan contra o sistema co rostro do terrorista católico do século XVII, ou se o prefiren, co do terrorista anarquista dun século XX fascista, alimentan coa sua imaxinería o monstruo contra o que combaten.
Poseurs, que sodes uns poseurs.
E por leva-la contraria, en canto acabe os exames voume mercar o Bastion, que o distribue a Warner.

Que diría Magritte

Internete esta cheos de blogues de tódalas ideoloxías habidas e por haber nas que un calquera nos da a súa opinión sobre calquera cousa. Ala eles, o bo da rede é precisamente que quén teña unha conexion pode comparti-la súa opinión con todo aquel que este disposto a lela ou escoitala.
Non son amigo de falar de política no meu blogue. Eu prefiro quedarme na barreira e deixar lidiar a quen teña algo interesante ou distinto que dicir.
Comentaba hoxe cuns colegas nun bar as boas novas dos xornais desta semana (sona intelectual, pero en realidade solo nos cagábamos en todo). Unha das cousas que falamos foi a non culpabilidade de Camps, quen, por seguir coa metáfora taurina, saiu pola porta grande, a ombros e cortando dúas orellas e rabo. É vergoñoso, intolerable, unha farsa… xa vos dixen que non teño nada interesante que engadir. Sen embargo, ocorreuseme este chiste, por chamalo dalgún xeito, imitando aquel cadro de Magritte. Tampouco é gran cousa, pero a min fíxome gracia.

Las Aventuras del Capitán Torrezno I: Horizontes Lejanos

Comentaba no meu facebook cando ó seu autor lle deron o Premio Nacional de Comic que tiña ganas de ler algo do Capitán Torrezo. Pouco despois, no Clube de Comics da biblioteca Ánxel Casal comezamos a rularnos o primeiro número da serie, Horizontes Lejanos, e aqui tendes coma sempre, a miña opinión.
A obra narra as aventuras de Torrezno, un borrachín de barra de tasca madrileña de toda a vida, con cheiro a fritanga e carajillo matutino, que desperta no medio dun mundo fantástico e descoñecido onde andan a tortas unha antiga civilización e uns bárbaros das estepas comandados por Darth Vader. Torrezno, a pesar do seu pasotismo e das ganas que ten de volver coa suú cunca de viño pro Denver, o seu bar de sempre, acabara metido no medio de toda esa lea.
Deixo a explicación do argumento aquí pois non quero restarlle á historia esa parte do encanto que consiste en entender de que vai todo iso. E inda que non tardas moito en decatarte de onde se desenvolven as aventuras de Torrezno, o porque de todo levarache comprendelo ata o final do volume, coa introducción dunha historia nova, que como os bos saltos, deíxate con ganas de saber máis do que che estaban contando ó tempo que te sumerxes no novo curso dos acontecementos.
A narración é por veces un pouco lenta e inda que clásica e correcta inclue algunha que outra sorpresa, coma un par de páxinas imitando un manuscrito medieval ou outra na que cambia de golpe a dirección de lectura. Tamén nos regala un monton de viñetas enormes para lucirse co debuxo.
Horizontes Lejanos é un título que lle fai xustiza. Santiago Valenzuela sabe dibuxar, e nas páxinas deste volume demóstrao con viñetas enormes nas que se luce con amplísimos espazos abertos ou pechados, lucíndose con templos, cidades, murallas e outras arquitecturas debuxadas cunhas perspectivas que terían un 10 nun exame de debuxo técnico.
E a lapis, cun montón de lineas que reforzan e chaman a atención sobre o logrado da perspectiva, inda que deixar sen entintar non é xa tan extraño. O dibuxo a lapis reforza o expresionismo duns rostros caricaturescos que nos manteñen cun sorriso na boca.
En definitiva, Torrezno mola e é moi bonito, a historia sorprende e a final do primeiro volume queres seguila. A mistura de fantasía e comedia que presenta é un esquema xa usado pero consigue darlle un novo enfoque e un sabor castizo que o fan inconfundible.

Persépolis

Abrochensee os cinturóns que vou ser malo porque a min non me gustou. Avísovolo:
Persépolis é un dos cómics – ui! Perdón! novela gráfica – europeos que máis deu que falar dende a súa publicación no ano 2000, tivo un gran éxito de crítica e público e recibiu multitude de premios. Obra de Marjane Satrapi, unha muller iraní que pretendía contar a historia recente do seu país; a caida do derradeiro Sha e a vida na república islámica que se instalou despois a través dos seus recordos de infancia e adolescencia.
Publicouse orixinalmente en catro libros, inda que eu púideno ler nunha edición integral en tapa dura de Norma. Cada libro narra un apartado da vida de Marjane, e están divididos en pequenos capítulos nos que conta pequenos detalles da súa vida cotiá nos que podemos apreciar como a revolución e a guerra modificaron a vida dos iraníes.
Agora ben, a narrativa dentro destas historias é bastante pobre, abusando das lendas para contar sucesos nos que non participa directamente e ós que a imaxe simplemente complementa. No cuarto libro a narrativa mellora un pouco e comeza a xogar máis co tamaño das viñetas e as relacións entre as mesmas.
O debuxo é simple, tan simple que non distinguiríamos á protagonista doutras mozas de non ser polo lunar do seu nariz, e en branco e negro, o que sabe aproveitar moi ben en algunhas ocasións para dotar dunha forte carga expresiva ás súas imaxes. De novo no cuarto albume, como se comezara a tomarse en serio o cómic tan só ó final, se atreve con composicións rupturistas, encuadres máis arriscados ou un debuxo máis experimental.
Os personaxes parecen extremadamente tópicos, a familia da autora é tan progresista e perfecta que asusta e a caracterización da maioría dos secundarios brilla pola súa ausencia ou non consigue transmitir o que desexa. Sen ir máis lonxe o tiránico Mohammed Reza Palevi daba a impresión simplemente de ser un rei un pouco tonto e o seu personaxe caeume bastante simpático.
Marjane é o centro indiscutible do relato – a pesar de estar, na teoría enfocado, non á súa vida, se non ó que aconteceu no seu país durante a súa infancia – e inda que como unha nena desperta e imaxinativa que é nos primeiros dous libros se lle colle cariño ó personaxe, a súa adolencencia e xuventude, convertéronma nun personaxe moi antipático. Por outra parte, determinados pasaxes comezan a soar demasiado forzados e a súa actuación tan politicamente correcta que se comeza a dubidar da veracidade do relato; de se nos topamos ante a autora ou se está creou un personaxe que leva o seu mesmo nome.
Agora ben, quero remarcar que Persépolis é un comic escrito por unha muller – que non abundan precisamente dentro do mundo da banda deseñada – irani – que se ben escribe en Francia e totalmente dentro da corrente francófona do comic – que conseguiu un verdadeiro exito editorial. E é que a pesar das fallas que comentamos, Satrapi consegue retratar con viveza a dificil situación dos cidadáns do seu país que coma ti e coma min so queren vivir en paz e liberdade sen un goberno que lles diga como teñen que pensar ou que vestir.
En definitiva, o comic importa máis que pola historia que narra, polom contexto no que esta se desenvolve e só volo recomedaría se vos queredes dar ínfulas de gafapasta progre.
A película de animación conta a historia mantendo tódalas claves, se ben omitindo algúns pasaxes e mantendo o mesmo estilo grafíco. Moi ben animada, destaco as preciosas e orixinais transicións entre esceas.
En 2009 e co permiso da autora, dous artistas iraníes utilizarón imaxes de Persépolis para editar en internete un pequeno tebeo de nome Persépolis 2.0 que trata a re-eleción de Ahmadinejad como presidente e os tumultos sociais que o seguiron. Se vos interesa, tedelo aquí

Castelo de Soutomaior

O máis único interesante que fixen nas vacacións de Nadal foi visitar o Castelo de Soutomaior. Estudo Historia e estoume especializando en Medieval, así que non telo visitado antes é casi un pecado para min.E máis cando está a media hora da casa da miña avoa.
Ala fun con dous colegas unha tarde sen nada que facer, e eu paseino pipa. O castelo está moi coidado no medio dun parque moi bonito e ten unha pequena exposición sobre o castelo, os Soutomaior e a Idade Media. Mentres paseaba polas murallas non podía deixar de imaxinarme un asedio enorme (enorme ó máis puro estilo Batalla dos Campos de Pelennor) nin quitarme o sorriso da boca. Tamén quitei un par de fotos interesantes:


Click para ampliar, xa sabedes.

Tamén podedes ver máis fotos miñas no meu Flickr.

El Espíritu de la Navidad

Non son moi fan do Nadal. Gústanme os regalos, gústanme as vacacións e os polvoróns, pero o Nadal como concepto, como ateo que son, tráema bastante ó pairo. Por iso non acostumbro mandar postales felicitando as festas, nin ingeniosos SMS que a quen máis alegran é ás compañías de telefonia movil. Así que, o máis navideño que conseguiredes do meu blog é o video que quero compartir con vós.

Reflexiones de Repronto; Especial de Nadal

En realidade todo, Nadal incluido, é unha mera excusa para falarvos das Reflexións de Repronto. Coñecín esa marabilla a finais do curso pasado, mentres preparaba cun colega un traballo sobre Comic (si, a veces tamén penso que son monotemático).
Repronto é o xefe dun equipo de investigadores que analizan diversos aspectos da cultura de masas e contemporanea, dándolle sempre un enfoque retorcido, unha volta de torca sorprendente ou facendo conexións inesperadas entre feitos tan aparentemente distantes coma Goofy e o racismo nos Sur dos Estados Unidos. neste caso, adícase ás navidades vistas como un evento de difusión científica. Extraaño, non? Pero dende logo, non menos que un meteorito guiando a tres monarcas astrónomos ata unha palleira onde acaba de nacer o fillo dunha virxe e unha pantasma. Espero que o disfrutedes, e non me quero despedir sen resaltar que o belén que hai no laboratorio é de Playmobil o que, como neno que fun que medrou xogando con eses bonequiños e poñéndoos precisamente no belén da miña casa paréceme un detalle moi entrañable.

Cousas Cool que fixen en Barcelona

No avión de volta de Barcelona de visitar a uns colegas que estudan aló. Daniel Vilaverde que me acompañaba anunciu a súa intención de publicar no seu blogue unha lista como esta. Tanto Lojo, que tamén viña con nós, coma min decidimos sumarnos a idea. Aquí están as cousas cool, ou non, que fixen en Barcelona.

  • Rebautiza-la cidade como Gaudilona.
  • Deixarme os ollos vendo unha exposición sobre Robert Kappa no MNAC.
  • Perderme nas oitenta salas repartidas entre os vinte pisos da Razzmataz.
  • Mirar cousas con aire de superioridade comentando “Yo es que… esto ya lo vi en Compos”.
  • Preguntarme se, efectivamente, non estaria en Compostela ó toparme constantemente con xente que coñezo de Santiago.
  • Mercar postais de edificios que non visitei.
  • Atopar un cadrado máxico na fachada da Sagrada Familia.
  • Degustar comida tradicional catalana coma burritos, kebab ou polo frito de KFC.
  • Fomenta-la industria nacional consumindo sexy beer a 1€ e en dubidosas condicións hixiénicas.
  • Visita-lo parque da Ciutdadela sen que me roubaran.
  • Non tirar unha misera foto ó esquecerme a batería e a tarxeta da cámara en Compostela.
  • Manter acaloradas discusións sobre orquestras e verbenas cunha rapaza basca.
  • Non conseguir ligar con ningunha moderna. “Donde están mis putas modernas” – Frase para a posteridade.
  • Disque falar un dialecto (consideración que ten o galego para unha rapaza basca altamente hostiable).
  • Escoitar a alguén describir como “saiu do armario do Catalanismo” e recitar as fazañas de Guifré el Pilos e els Almogavers.
  • Ler novelas distópicas como Son Lenda ou Un Mundo Feliz.
  • Mercar clips de Playmobil no aeroporto para xogar no avión durante a viaxe de volta.

 

Bastion

Descubrin o outro día de casualidade un videoxogo xenial ó cruzarme co seu trailer en Youtube. Bastion é un action-RPG dunha compañía pequechiña, Supergiant Games, e distribuido pola Warner.
Bastion está ambientado no mundo de Caelondia, destruido por unha surrealista Calamidade que o convertiu en pouco máis que algúns pedazos de rocha flotando no vacío.
O protagonista é un mozo de pelo branco ó que coñecemos simplemente polo nome de The Kid e que ten que viaxar ós diversos fragmentos do mundo para recupera-los seus nucleos, que lle permitiran remata-la construcción do Bastion, o lugar ó que todo o mundo acudiría en tempos de dificultade. Sen embargo, ninguén máis parece ter sobrevivido á Calamidade, pois cando chega aló, o mozo está só.
O xogo ten un gráficos bonitos e cuidados de inspiración manga. Os escenarios son orixinais e están moi cuidados, flotan en medio da nada e constrúense a medida que avanzamos. Outro punto forte do xogo é a súa banda sonora, cunhas composicións que se adecuan moi ben a esa historia post-apocalípica e que por momentos dan un aire de western.
O mellor de Bastion sen embargo é o Narrador que nos conta a historia conforme vamos avanzando e de xeito reactivo – as nosas accións modifican o seu discurso – cunha voz grave e ben modulada, iso si, en ingles e que axuda motísimo a caracteriza-lo personaxe protagonista e darlle atmósfera ó mundo do xogo.
O xogo ten unha morea de niveles cortiños que nos permiten avanzar na Historia e algúns xogos e desafios extra. Para iso contamos cunha morea de armas, coa posibilidade de modificalas e bebidas espirituosas que nos axudarán no noso cometido.
Bastion é un xogo divertido e con carisma que sen renunciar ás formas clásicas do xénero nos sorprende cunha nova forma de contar e vivi-la historia. Non ten as grandes secuencias cinemáticas nin os ultra-mega-gráficos dos grandes exitos que se levan agora (e que moitas veces ocultan unha carencia de argumento e xogablildade) pero sorprende e divirte que é ó fin e ó cabo para o que xogamos a videoxogos.

Curso de Deseño e Autoedición con Software Libre: Gimp, Scribus e Inkscape

Os venres 2, 9 e 16 deste mes estiven indo a Compostela a un curso no que nos ensinaron a traballar con algúns programas de software libre, centrándonos na edición de imaxes e textos e algo de teoría sobre o mundo tanto do software libre como da edición.
A primeira sesión estivo adicada ó GiMP, programa co que eu comecei a miña andaina polo mundo da edición de imaxe, para o retoque fotográfico, principalmente. A clase foi entretida e, para min que coñecía os rudimentos do programa, moi moi sinxela.  Pese a que xa coñecía o programa e o curso, por cuestións de tempo quedou nuns niveis moi básicos, aprendín dun par de ferramentas útiles para a selección de figuras e algunha cousa máis. Collimos dúas imaxes – un ghicho saltando e unha bolboreta – e xogamos coas ferramentas, filtros e capas para crear isto:

O fondo mangueino por google. Agora mesmo, penso que a flor desenfocada en primeiro plano non é axeitada, pero paso de comerme máis a olla
A segunda clase estivo adicada ó Scribus, un programa de maquetación de textos. Un programa que me resultaba interesante, se ben me acabou resultando decepcionante, era algo complicado, rompía con facilidade e para o meu gusto o profesor liábase de mais. Como ese dia marchei a media clase para irme ó RockInWay, non podo opinar máis.
Rematamo-lo venres pasado con Inkscape, un programa de debuxo vectorial que me encantou. Máis doado que o Scribus e moito máis divertido. Despois de pasar media sesión fozando coas ferramentas do mesmo, adicámo-la outra metade a facer un sinxelo cartel:


O textaco en latín é o Lorem Ipsum, un texto aleatorio en latín que se leva utilizando 500 anos para as probas, de xeito que a xente se fixe na forma e non no contido.
Paseino guai, aprendin cousas interesantes, conseguín un crédito de libre e quearonme ganas de seguir fozando nos tres programas. E todo iso gratis, porque asistín ó curso como axudante do profesor e non tiven que pagar a matrícula. Como axudante do profesor nada máis que pasei as listas e entreguei a enquisa de valoración do final.